• Inicio
    • Castellano
    • Galego
    • English
  • Investigación
    • Proxectos e convenios
    • Tesis Doctorais
  • Docencia
  • Persoal
  • Novas
  • Contacto

Microprocesadores de altas prestacións: / Grupo Arquitectura Computadores.

Volver ó comezo»

+ Microprocesadores de altas prestacións:

- Deseño de microarquitectura de computadores:

O GAC participou no desenrolo de SESC, un simulador microarquitectural de investigación empregado en todo o mundo. O grupo tamén innova neste campo propoñendo novas arquitecturas e políticas de xestión da xerarquía de memoria co obxetivo de reducir tanto os tempos de execución como a enerxía consumida pola ejecución de aplicacións en sistemas de un solo procesador e multicores.

 

 

- Deseño de aceleradores hardware para multimedia e computación eficiente:

En términos de eficiencia enerxética, a diferencia entre microprocesadores e circuitos de aplicación específica medra de forma sostida. A aceleración hardware é, por tanto, unha ferramenta poderosa para reducir costes e mellorar no respeto ao medio ambiente.

Mentras que os costes de deseño e manufacturar circuitos de aplicación específica é moi elevado, existen varias alternativas dispoñibles, tales como FPGAs, ASICs estructurados ou ASIPs. Na meirande parte, as novas plataformas proveñen do mundo dos sistemas empotrados, onde xa aportaron velocidade e baixo consumo.

Esta liña de investigación explora o potencial de mapear as tarefas máis comúns sobre aceleradores hardware co propósito de mellorar a eficiencia enerxética, aumentar a velocidade e reducir a cantidad de hardware necesario. Os principais escenarios que se contemplan son a computación de altas prestacións, Software-as-a-Service e Web 2.0, onde un grande número de servidores poden compartir un número reducido de aceleradores que se fan cargo das tarefas de máis peso.

 

- Modelado e predicción do rendemento da xerarquía de memoria:

O noso grupo levou a cabo unha ferramenta analítica que permite predecir de forma precisa o comportamento caché. A nosa plataforma, que permite obter prediccións en menos dun segundo, solo require como entrada o código fonte e a configuración da xerarquía de memoria. A nosa aproximación é totalmente automatizable e pode ser empregada nun compilador. A nosa ferramenta foi empregada con éxito para guiar optimizacións de compilación complexas tales como a selección do tamaño de bloque óptimo así como para predecir o peor tempo de execución en sistemas en tempo real.

 

 

 

<-- Voltar a Investigación

GAC - Departamento de Enxeñaría de Computadores, Facultade de Informática, Campus de Elviña S/N, 15071, A Coruña Email: gac-udc (at) udc.es